viernes, 6 de junio de 2014

Para ser alumn@ hoxe


Para ser alumn@ hoxe necesítanse varios ingredientes:
- 1 kg de responsabilidade, para facer as tarefas e levar a asignatura ao día.
- 5 culleradas de asistencia, para seguir a materia e facilitarnos o traballo posterior.
- 2 vasos de concentración,  para atender eficientemente.
- Unha pizca de descanso.
- 1/2 litro de paciencia, para aguantar os longos horarios e as longas semanas e algunhas actitudes dos profesores.

Preparación:
Mesturar todos os anteriores ingredientes, batelos ben e cocelos ata obter a placa de bo alumno.

Outra receita con ingredientes similares no blog Falando en Galego!: http://engalegoouque.blogspot.com.es/

"Non é mellor mestre o que sabe máis, senón o que ensina con dedicación e amor aos seus alumnos"
Referencias:
Blog de María Lagarón: http://engalegoouque.blogspot.com.es/

miércoles, 21 de mayo de 2014


O rap dos Dereitos Humanos! 

Para o día dos Dereitos Humanos elaboramos un rap que gravamos nós mesmas e co que fixemos este vídeo con fotos relacionadas.